CRTVG

Buscar

As familias numerosas piden unha excepción ao límite de tres nenos para saír pasear

Publicado o 24/04/2020 20:52
As familias numerosas piden unha excepción ao límite de tres nenos para saír pasear

Os nenos contan as horas para poder dar eses paseos que a partir do domingo xa estarán permitidos. Pero hai familias que se atopan con problemas por ese límite de que só poidan saír un adulto e tres cativos. Son as familias numerosas que teñen máis de tres fillos. Pídenlle ao Goberno que faga unha excepción con elas cando as circunstancias así o xustifiquen. Por exemplo, cando só hai un proxenitor ao cargo de máis de tres rapaces porque, de seguir as indicacións do Goberno, estes non poderían saír. A Federación Española de Familias Numerosas confía en que a súa demanda sexa atendida para non discriminar as familias nesta situación.

Noticias web

24/04/2020