CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

As familias monoparentais piden equipararse en dereitos ás numerosas

Publicado o 28/06/2017 15:10

As familias monoparentais con fillos menores reclaman as mesmas axudas económicas que as das familias numerosas. A ministra de Sanidade conta con satisfacer esa demanda esta lexislatura. Dende Galicia, máis alá do plano económico, reclaman unha lei que regule a súa situación. Mar é unha nai nova cun fillo de tres anos. Pertence á Asociación de Nais por Elección, que reivindica o seu dereito a selo sen a participación dunha parella masculina. A súa asociación pertence así mesmo á Rede Estatal de Familias Monoparentais.

Consideran que unha nai ou pai con dous fillos ao seu cargo non teñen as mesmas axudas que unha numerosa, formada por un cónxuxe e un fillo máis. Aumenta o número destas familias en España e en Galicia, onde son máis de 27.000, segundo o último dato do Instituto Galego de Estatística. Esa regularización que solicitan pasaría por unha lei que recoñeza o seu dereito a formar unha familia sen unha parella, ao tempo que achegue cambios que as axuden económica e socialmente. A ministra de Sanidade recordou esta semana no Senado que espera equiparar os dereitos das familias monoparentais cos das numerosas esta mesma lexislatura.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí