CRTVG

Buscar

As familias dos pacientes do CHUAC reciben información en tempo real a través do móbil

Publicado o 04/04/2020 14:49

É unha ferramenta semellante á que xa utilizan a nivel interno os profesionais do servizo de Urxencias do complexo hospitalario da Coruña.
María de la Cámara é xefa de sección do servizo de Urxencias do CHUAC: "Temos un sistema de trazabilidade no servizo de Urxencias que non só nos dá información de onde está situado o paciente fisicamente senón que nos informa de todo o proceso urxente, do que se lle fixo, se unha analítica, unha placa unha eco, un tac... ou de que está pendente".

Información valiosa que agora permitirá reducir o estrés emocional das familias que agardan novas desde a casa. Non necesitan instalar ningunha aplicación no teléfono móbil. Cando o paciente entra en Urxencias recibe un código QR. "Os familiares porán o código na cámara do telefóno e accederán a unha páxina web cos datos do seu familiar, que son anónimos".

No CHUAC tamén traballan para habilitar unha sala con pantallas que permitan realizar videochamadas entre os pacientes e os seus familiares.

Noticias web

04/04/2020