CRTVG

Buscar

Familias acolledoras dan visibilidade á súa experiencia para que haxa menos nenos que medren sen un fogar

Publicado o 08/07/2021 12:55

En Galicia hai uns 1.600 menores sen un fogar. Medrar en familia é un dereito fundamental, e o acollemento, unha altenativa que defende e cobre as necesidades dos nenos, nenas e adolescentes que fan parte do sistema de protección público. Natalia formou unha familia dunha única proxenitora: na actualidade ten dous fillos biolóxicos e, por segunda vez, con eles convive un neno de acollida.

Existen diferentes tipos de acollemento familiar: o de urxencia, dirixido principalmente a menores de seis anos, cunha duración non superior a seis meses; o temporal, cunha duración duns dous anos, excepto que o interese superior do menor aconselle unha prórroga, e o permanente, que se constituirá ao rematar o prazo de dous anos. Precisamente este último é o que teñen agora mesmo Óscar e María na súa familia numerosa. Comezaron acollendo a Joel, que quedara orfo e era amigo dun dos seus fillos biolóxicos.

Agora, xa maiores de idade, crearon uns lazos familiares que os manteñen unidos. A aprendizaxe, aseguran, é conxunta. Todos están de acordo en que, á parte de enriquecer as súas vidas, tamén colaboran na visibilización, concienciación e mellora da nosa sociedade.

Noticias web

08/07/2021