CRTVG

Buscar

As fábricas de queixo aumentan a súa produción no verán polos turistas e a hostalería

Publicado o 16/08/2021 20:08

Nótanse os turistas e nótase tamén que a hostalería volveu abrir ao público. Chegan dúas turistas a esta queixería de Lanzós, en Vilalba. Unha das amigas é de Asturias e a outra de Benidorm. Non poden marchar sen levar un queixo San Simón. A asturiana tamén compra un queixo da zona, iso que en Asturias tamén hai moitos e moi bos...

Nesta queixería, ademais do San Simón, tamén fan queixos da denominación tetilla. E non dan feito a vender.

Hai quen no canto de ir á fabrica, compran nas tendas. Esta está no centro histórico de Lugo, e aquí o queixo tamén é un dos produtos máis demandados polos turistas.

Pola cusetión de que se conseve mellor, os turistas adoitan preferir levar os queixos algo máis curados, para que aguenten mellor a viaxe de volta á casa.

Noticias web

16/08/2021