CRTVG

Buscar

A facturación das empresas galegas medra un 4%, segundo o informe económico Ardán

Publicado o 31/07/2019 19:14

A economía galega segue medrando impulsada polas exportacións, segundo revelen os datos do último informe Ardán. O téxtil, a construción e os servizos son os sectores que fortalecen a nosa economía.

As empresas galegas facturaron máis de 89.000 millóns de euros no último ano, o que supón un crecemento do 4%. O motor destas cifras está no número de exportacións. Estes son algúns dos datos que se desprenden do último informe económico Ardán. O estudo resalta que a economía galega obtivo mellores resultados dos agardados.

No 2017 e no 2018, o PIB galego medrou por riba da media española. Os sectores que lideran a economía son o téxtil, a construción, os servizos e a automoción.

 

 

Noticias web

31/07/2019