CRTVG

Buscar

As exportación galegas medran un 9,1% en setembro, pero no acumulado anual seguen en negativo

Publicado o 02/12/2019 14:23

Despois de varios meses de caídas, as exportación galegas volveron en setembro pasado a un saldo positivo. As vendas de produtos galegos no exterior superaron en setembro os dous mil millón de euros, un crecemento do 9,1 por cento, que deixa o saldo negativo do acumulado anual no 6 por cento. O sector téxtil, o agroalimentario, o aeronáutico e a industria química foron os que máis contribuíron a este crecemento mensual.

Nos nove primeiros meses do ano, as vendas galegas ao exterior suman un total de máis de 16.000 millóns de euros, un seis por cento menos que no mesmo período do ano anterior. A pesar deste descenso, setembro foi un mes positivo e as exportacións incrementáronse un 9 por cento ata os 2.017 millóns de euros.

Os sectores que máis contribuíron a este resultado foron o téxtil, que vendeu un 14 por cento máis, a industria aeronáutica, que duplica as súas vendas no exterior e a industria química cun incremento do 6,2 por cento das súas exportacións."A pesar de que non se estean cumprindo os datos que viamos no ano dezaoito, si é certo que continuamos con esa tendencia a manter as exportacións por riba dos 20.000 millóns de euros que, en definitiva, conseguíronse por primeira vez no anos dezaseis".Europa segue sendo o principal mercado dos produtos galegos, pero gañan peso outros destinos como  A China, os Estados Unidos e os países africanos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019