CRTVG

Buscar

As explotacións gandeiras teñen difícil adaptarse aos novos tramos da factura da luz

Publicado o 02/06/2021 21:14

Están ao pé do Xallas, son case 1.000 vacas, esta explotación gandeira de Mazaricos ten unha produción anual superior aos cinco millóns de litros de leite. Moito traballo, tamén moito consumo de electricidade.

Todo tira de electricidade. E todo está en función da produción e da vida do gando. Aquí móxense as vacas tres veces ao día e todos os días. Pautas que non entenden de horarios baratos na tarifa eléctrica.

En Busto Corzón levan anos introducindo cambios enerxéticos a través de placas solares e iluminación LED para, precisamente, reducir a factura da luz. Pensan que agora é, se cadra, máis necesario aínda.

E é que, diso depende, cóntanos José Manuel, a viabilidade das granxas máis pequenas.





 

Noticias web

02/06/2021