CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

As estreas de cine da semana

Publicado o 10/11/2017 15:28

Un filme sobre librarías no Día das Librarías. A nova película de Isabel Coixet abre a carteleira desta semana en que atopamos unha chea de títulos de diferentes xéneros.

'La librería', Isabel Coixet
A chegada dunha muller a unha vila da costa inglesa para abrir unha libraría revolve a paz do lugar. Isabel Coixet desenvolve unha fábula de amor aos libros impregnada de clasicismo e tenrura.

'Oro', Agustín Díaz Yanes
Século dezaseis, selva amazónica, Lope de Aguirre e Núñez de Balboa buscan unha mítica aldea construída completamente en ouro. Violencia e destrución para esta adaptación dun libro de Pérez Reverte con Raúl Arévalo, Bárbara Lennie e Jose Coronado no elenco.

'The Square', Ruben Östlund
A Palma de ouro no último Festival de Cannes é a irreverente ollada ao mundo da arte que asina o sueco Ruben Östlund. Un artista e a súa obra no centro da ollada e a hipocrisía no punto de mira. Tan contundente como polémica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí