CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

As estreas cinematográficas da semana

Publicado o 01/12/2017 17:16















Perfectos desconocidos
A filme por ano, Álex de la Iglesia regresa á súa fórmula de personaxes nunha situación estrema nun espazo pechado. Desta volta, un grupo de amigos e unha cea. Alguén propón deixar os móbiles no centro da mesa e ir lendo as mensaxes que lles cheguen. O proceso de descubrir que son perfectos descoñecidos.

Wonder,
Esta é a historia dun neno con malformacións no rostro que entra na escola por primeira vez e ten que se enfrontar ao proceso de asunción de como lle ven os demais. Compaixón, aceptación, superación... Owen Wilson e Julia Roberts como pais do neno protagonista.

La vida y nada más, Antonio Méndez Esparza
O último premio Fipresci do Festival de Donostia é un filme sobre duras realidades nos Estados Unidos. O retrato dunha familia afroamericana nas marxes coa familia cvomo máximo expoñente dirixida polo madrileño Méndez Esparza.

Coco, Lee Unkrich y Adrian Molina
Un neno no mundo dos mortos intentando cumplir o seu soño e descubrir o gran segredo familiar. Ambientación mexicana e música a esgalla nesta nova produción de Disney ás portas do fin de semana con máis recadación do ano nos cines.

Dos padres por desigual 2
Nadal e familia, esa mestura de conceptos que tan ben funciona no cinema. A dobre reviravolta deste filme é incluir aos pais das dúas personaxes que xa tiñan conflicto na primeira parte. E iso que non falan de política na cea de noiteboa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

01/12/2017