As estacións de servizo, excluídas das axudas do Goberno, falan de inxustiza
Publicado o 22/03/2021 20:47
Fondo malestar entre os empresarios das estacións de servizo galegas por quedar excluídas das axudas do Goberno central para autónomos e empresarios. Non entenden que o seu sector, cumprindo os requisitos xerais de seren viables e ter unha caída da facturación de polo menos un 30 %, quede fóra da posibilidade de solicitar estas axudas directas.
Foron considerados un sector esencial ao que non se lle permitiu pechar e non recorreron aos ERTE. Acaban de solicitar a mediación do Goberno galego ante o que consideran unha inxustiza.