CRTVG

Buscar

As esixencias na repartición dos fondos europeos de recuperación prexudican España

Publicado o 07/10/2020 22:37

Europa terá que aprobar o plan presentado polo Goberno para obter as axudas do fondo de recuperación. Alemaña e unha maioría de socios comunitarios esixen como condicións o cumprimento de reformas ou das normas fiscais.

As negociacións entre os gobernos da Unión Europea, a Eurocámara e a propia Comisión Europea continúan abertas e semella que España terá un chisco máis complicado obter as axudas do fondo.

España, pola súa banda, intenta relaxar as esixencias para obter os 140.000 millóns de euros que lle corresponden, pero Alemaña non cede e esixe reformas e axustes fiscais a cambio dos cartos, polo que están a ignorar as demandas de Pedro Sánchez.

Noticias web

07/10/2020