CRTVG

Buscar

Novas esculturas de catro mariscadoras en Vilagarcía

Publicado o 29/08/2019 17:40

Herminda, Obdulia, Flora e Carmiña acaparaban a atención dos transeúntes na praza de Galicia, en Vilagarcía. Catro mariscadoras esculpidas a tamaño real, que homenaxean a muller, e catro nomes detrás dos que se agocha calquera persoa que viva do mar.

Un traballo que pon en común a arte e a rúa, buscando que se identifiquen con elas, e do que nin a data nin o lugar para expoñelo foron cousa do azar.

Esta iniciativa xa se levou a cabo o ano pasado, nesa ocasión unicamente con dúas figuras, e está a ter unha resposta moi positiva entre o público.

E non sabemos se o autor se deixará aconsellar polo público, pero xa puidemos recoller mesmo algunha proposta para o futuro.

A presenza destas mariscadoras foi efémera, xa que despois de catro horas expostas foron retiradas de novo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/08/2019