CRTVG

Buscar

As escaleiras do Fociño do Porco e as de Santo Domingo de Bonaval, entre as máis singulares

Publicado o 10/01/2019 22:40
As escaleiras do Fociño do Porco e as de Santo Domingo de Bonaval, entre as máis singulares

A recoñecida revista de viaxes Traveler realizou unha lista coas escaleiras máis singulares de España polo seu valor histórico, artístico ou funcional. E entre as 17 seleccionadas hai dúas galegas.

A pasarela do Fociño do Porco

A primeira é a instalación de pasarelas do Fociño do Porco, no Vicedo. Convertida en todo un imán turístico na Mariña, permite gozar dunha paisaxe que abarca desde Xove ata Bares... E ten unhas vistas impresionantes! Unha senda de case un quilómetro que transcorre entre pasarelas, cemento e barandas de madeira. E dende este verán tamén se pode visitar desde o mar e descubrir por que o bautizaron así os mariñeiros de Viveiro.

As escaleiras de Santo Domingo de Bonaval

Neste convento en Santiago de Compostela destaca unha tripla escaleira de caracol helicoidal. Todo un verdadeiro prodixio xeométrico da arquitectura. Foi construída por Domingos de Andrade para comunicar o claustro do convento e as escaleiras do edificio.

Noticias web

10/01/2019