CRTVG

Buscar

As eólicas galegas buscan investidores para construír un parque mariño

Publicado o 08/01/2020 15:08

O mercado da enerxía eólica mariña abriu unha nova perspectiva de futuro para a industria metalúrxica galega. 40 empresas da nosa comunidade participan nos contratos internacionais de Navantia, que están a xerar un milleiro de empregos directos e arredor de 400 indirectos. Agora buscan darlle un novo pulo ao sector co proxecto de construción dun parque eólico flotante na costa galega que ofrece boas condicións para aproveitar a forza do vento.

Enrique Mallón, secretario xeral da Asociación de Industrias Metalúrxicas de Galicia: "É posible instalar eólica mariña flotante en Galicia. Non ten impacto ambiental. Estase facendo en Portugal, nas Canarias, no País Vasco... Nós debemos dar este paso".

Nestes momentos están á busca de investidores, para o que xa barallan varias alternativas. O grupo de empresas de enerxía eólica galega tamén vai intensificar este ano a presenza nas feiras internacionais do sector en Francia, Alemaña e nos Estados Unidos. As previsións apuntan a que se poderán duplicar os empregos nos próximos catro anos.

Noticias web

08/01/2020