CRTVG

Buscar

As entidades da discapacidade axudan a eliminar barreiras no Camiño de Santiago

Publicado o 02/03/2020 15:19

Empezouse polas barreiras físicas, pero agora o concepto de accesibilidade vai moito máis aló e no Camiño de Santiago tamén se aprecia o cambio.

Ás aplicacións tecnolóxicas para persoas con problemas visuais ou auditivos súmase agora unha guía específica en lectura fácil e con pictogramas para persoas con autismo.

Esa é a máxima que se pretende seguir para que o Camiño de Santiago sexa un referente de inclusión no próximo Xacobeo. Os responsables de Turismo e Política Social comunicáronlles ás entidades de persoas con discapacidade os avances e as novas medidas adoptadas nesa liña.

Pero o obxectivo deste encontro coas entidades do CERMI é tamén contar coa súas achegas para que no Xacobeo 2021 teña un especial protagonismo a peregrinación da diversidade.

Noticias web

02/03/2020