CRTVG

Buscar

As enquisas prefiguran o auxe do bipartidismo, con subas para PSOE e PP

Publicado o 23/09/2019 09:43

El País resume a grandes trazos o panorama electoral destacando que "o PSOE e o PP obteñen máis escanos e Ciudadanos é o partido que máis perde".

Segundo esta sondaxe, os grandes beneficiados serían o PP cunha suba de 28 escanos (pasaría de 66 a 94 deputados), e o PSOE cun incremento de 9: ascende de 123 a 132. O máis castigado sería Ciudadanos cunha perda de 23 escanos; quedaría en 34. Tamén baixan Unidas Podemos (de 42 a 38) e Vox (de 24 a 18). Outro dato significativo: "O 90% dos españois séntese decepcionado, enfadado ou preocuopado" debido ao bloqueo político e á repetición das eleccións.

Un panorama na mesma liña é o que perfila La Vanguardia: "O PSOE e o PP melloran o seu voto a custa de Ciudadanos, pero Unidas Podemos e Vox resisten". De maior a menor, os socialistas lograrían 134 escanos, o PP 87, 41 irían para Ciudadanos, 37 a Unidas Podemos e 19 a Vox. Esta enquisa sitúa o Pedro Sánchez como o principal responsable da repetición electoral, pero, ao mesmo tempo, como o preferido para ser o presidente do goberno.

Finalmente, El Español introduce algunhas correccións: "O PSOE só gañaría hoxe 3 escanos, mentres o PP subiría 19 e Ciudadanos perdería 21". Os socialistas lograrían 126 deputados, 85 o Partido Popular, 39 Unidas Podemos, 36 Ciudadanos e Vox mantería os 24".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019