CRTVG

Buscar

Reaxuste nas enquisas en clave galega con dilución do "efecto arrastre de Sánchez"

Publicado o 20/05/2019 10:36

Ese reaxuste na intención de voto resúmeo La Voz con este titular: "O efecto arrastre de Sánchez dilúese na recta final da campaña e benefícisase o PP".

En Vigo, Abel Caballero obtería unha cómoda maioría absoluta con 18 concelleiros fronte a 5 do PP e 2 do Bloque e da Marea olívica.

Na Coruña, empate entre PSOE e Partido Popular con 9 cadeiras municipais, mentres a Marea Atlántica quedaría con 5.

En Ourense, o PSOE con 9 representantes obtería un máis có PP, con 8. e Democracia Ourensana lograría 5.

En Santiago, os socialistas imporíanse con 8 concelleiros e, a mínima distancia, Compostela Aberta e o PP empatan con 7.

En Lugo, o Partido Popular ascende á primeira posición con 9 representantes, fronte a 8 dos socialistas e 4 do Bloque.

En Pontevedra, o BNG de Fernández Lores acadaría a maioría absoluta con 13 cadeiras fronte a 7 do PP , 4 do PSOE e 1 da Marea.

En Ferrol, o Partido Popular obtería a maioría absoluta con 13 escanos, mentres o PSOE lograría 7 e Ferrol en Común, do actual alcalde, 3.

Faro de Vigo amplía a maioría para os socialistas de Abel Caballero ata os 20 ou 21 escanos. O PP quedaría con 4 e con 2 a Marea viguesa.

La Región destaca a vitoria do PP en Ourense con 9 concelleiros fronte a 7 do PSOE e 5 de Democracia Ourensana.

La Opinión apunta a un triunfo pola mínima do PSOE na Coruña (9 escanos fronte a 8 do Partido Popular) e 6 atribuídos á Marea Atlántica de Xulio Ferreiro. Como contraste, datos tamén sobre a Coruña de El País: o PSOE lograría de 9 a 10 concelleiros fronte a 7 do PP e de 6 a 7 para a Marea.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019