CRTVG

Buscar

As enquisas electorais perfilan un escenario de difícil gobernabilidade

Publicado o 24/02/2019 17:49

Novas enquisas a dous meses vista sobre intención de voto para o 28 de abril. As sondaxes de La Voz de Galicia e El Mundo prefiguran un panorama de difícil gobernabilidade tanto a dereita como a esquerda, tal como destacan os dous rotativos en titulares.

Segundo La Voz, o PSOE gañaría con 116 escanos, o PP quedaría en 76, Vox escala ata a terceira posición con 51, Ciudadanos 40 e, por último, Unidos Podemos con 39 escanos. No contexto galego, o Partido Popular lograría 11 deputados, 7 os socialistas, 3 En Marea e 2 Ciudadanos.

Canto a El Mundo, o primeiro lugar tamén o ocupa PSOE con entre 110 e 114 escanos, o Partido Popular obtería de 71 a 75 e nesta sondaxe Ciudadanos ocupa a terceira posición con entre 54 e 58 representantes por diante de Vox e de Unidos Podemos por esta orde.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/02/2019