CRTVG

Buscar

Bos días

As enquisas danlle unha vantaxe de 8 a 16 puntos a Mauricio Macri

Publicado o 20/11/2015 09:35

Como lles vimos contando, as últimas sondaxes sitúan o opositor Mauricio Macri como gañador das eleccións do próximo domingo. Outórganlle unha diferenza que oscila, segundo as consultoras, entre os 7 e os 16 puntos porcentuais sobre o seu rival, o oficialista Daniel Scioli.

Despois dun debate electoral histórico en que o conservador Mauricio Macri sacou vantaxe por momentos dun Daniel Scioli moi nervioso, as últimas sondaxes apuntan a que será o opositor o que gañará os comicios do vindeiro domingo por unha diferenza de 7 puntos.

Todas as enquisas publicadas na Arxentina durante os últimos días apuntan na mesma dirección: unha clara vitoria do líder de Cambiemos, Mauricio Macri, motivada segundo os expertos por unha campaña agresiva do oficialismo que se volveu na súa contra.

Celia Kleiman, analista política

"Preguntamos o nivel de credibilidade que tiñan estas anuncias ou denuncias en canto a quitación de beneficios sociais e agravamento da situación económica se Cambiemos fose o que terminase triunfando no "ballotage" e practicamente seis de cada dez entrevistados non crían que isto sucedese".


Nin sequera o debate logrou achanzar o ascenso de Scioli á Casa Rosada.

Jorge Giacobbe, consultor de enquisas políticas

"Un nivel de indecisos que está moi baixiño, que é próximo aos 4 puntos e medio. O cal indicaría que aún Scioli conquistando todos os indecisos non lograría reverter a tendencia".

A última palabra téñena as urnas este domingo, pois no eido político, todo é posible na Arxentina.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

20/11/2015