CRTVG

Buscar

As enquisas danlle unha nova vitoria ao PNV de Urkullu no País Vasco

Publicado o 05/07/2020 14:08
As enquisas danlle unha nova vitoria ao PNV de Urkullu no País Vasco

O xornal ABC prognostica unha nova vitoria do PNV de Iñigo Urkullu, que, ademais, aumentaría entre 4 e 5 deputados ata chegar aos 32 ou 33. A segunda forza sería EH Bildu, que mantería 18 representantes ou subiría 1. O Partido Socialista estáncase, malia que a enquisa prevé que poida subir un deputado. 

Elkarrin Podemos sofre unha baixada de 5 puntos e perdería 3 ou 4 representantes. A coalición PP-Ciudadanos obtería 6 ou 7 deputados.