CRTVG

Buscar

A campaña electoral en Portugal remata cun momento tenso entre António Costa e un cidadán

Publicado o 04/10/2019 23:42

A piques de rematar a campaña electoral en Portugal, o primeiro ministro, António Costa, protagonizou un momento de tensión cun cidadán.

A marxe deste incidente, os socialistas van ter que repetir a famosa geringonça, pero segundo as sondaxes da canle pública de radio e televisión mellorarían o seu resultado, polo que lles basta o apoio ou do Bloco de Esquerdas ou dos comunistas.

O primeiro ministro, António Costa, nos últimos meses mantivo bastante as distancias con estes dous partidos para deixar claro que os socialistas son os que teñen o poder nas urnas e que un goberno de coalición está fóra da mesa, só queren apoio na Asemblea da República. O segundo partido en intención de voto, o Partido Social Demócrata, está nas sondaxes a 7 puntos dos socialistas.

Portugal vota o domingo coa percepción dun António Costa que trouxo a estabilidade ao país cun ministro de economía loado en Bruxelas, redución de déficit e paro, pero tamén con miles de portugueses que aínda sofren os efectos da pasada crise.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/10/2019