CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

As enquisas agoiran o triunfo do PP e o posible "sorpasso" se se unen Podemos e IU

Publicado o 01/05/2016 21:06

Novas enquisas con intención de voto. Hoxe aparecían os resultados de dúas nos xornais EL PAIS e ABC e ambas coinciden na vitoria do Partido Popular. Delas tamén se tira que o futuro mapa político depende de se Podemos e Izquierda Unida acaban formando unha coalición electoral ou non.

El PAIS salienta en portada que "o aumento da abstención apuntala a vitoria do Partido Popular". O PP obtería o 29% dos votos , o PSOE descende ao 20,3%, Podemos sobe ata o 18,1% e sitúase por diante de Ciudadanos, que en abril ocupaba o terceiro posto e agora baixa ao cuarto co 16,9% de intención de voto, mentres Izquierda Unida obtería o 6,6%.

Destaca tamén este diario que a hipotética coalición de" Podemos e Izquierda Unida supera en apoios ao PSOE". E esta é a valoración dos líderes: Albert Rivera en primeiro lugar, seguido de Alberto Garzón, Pedro Sánchez, Mariano Rajoy e, finalmente, Pablo Iglesias.

ABC indica en portada que o "PP e Ciudadanos rozan a maioría absoluta se Podemos e Izquierda Unida concorren por separado". O PP obtería 125 escanos, dous máis ca nas eleccións de decembro, o PSOE 94 .

Sobre as opcións de ser presidente de goberno, un 33,7% opina que o conseguirá Mariano Rajoy, un 17,4% Pedro Sánchez, do que este xornal salienta nun titular que "xa non é visto como presidente", un 2,6% Albert Rivera e o 1,6% Pablo Iglesias.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí