CRTVG

Buscar

As enfermeiras en loita denuncian en Bruxelas as condicións laborais do Sergas

Publicado o 11/12/2019 19:51

O colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita presentará unha denuncia en Bruxelas contra o Sergas polos seus contratos eventuais. Esta tarde reuníronse coa vicepresidenta da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para expoñerlle as súas reclamacións. Nesta xornada, organizada polo BNG, denunciaron unha situación de precariedade laboral que levan sufrindo dende hai anos, nos que van encadeando contratos temporais.

A portavoz do BNG en Europa sinalou que a xustiza europea xa ten condenado este tipo contratacións.

Catuxa Lagarón, voceira das enfermeiras eventuais en loita, explica: "Estamos sometidos a unha precariedade imposible. Isto non vai de cartos, senón de como vives o teu día a día e como por culpa do que che o ofrecen, non podes medrar como persoa. Eu non podo estar durante 9, 10 ou 12 anos pegada a un teléfono, e esta é a forma de traballar que ten o Sergas".

A portavoz do BNG no Parlamento Europeo di: "Presentamos unha denuncia europea, xa que o caso das enfermeiras eventuais en loita vulnera a normativa comunitaria. Hai xa xurisprudencia do TXUE sobre casos semellantes e cremos que a Unión Europea ten que dicir algo sobre este tipo de contratos".

Noticias web

11/12/2019