CRTVG

Buscar

As empresas reinvéntanse con novos produtos como pantallas e separadores

Publicado o 24/09/2020 16:46

As novas necesidades provocadas pola pandemia obrigan a reformular os espazos públicos e de traballo. As empresas reinvéntanse para dar solucións con novos produtos.

Pantallas, cortinas transparentes ou separadores; produtos destinados a crear o efecto barreira que todos buscamos no momento actual para garantir a seguridade.

As empresas agudizan o enxeño e crean novos produtos.

Afeitos a traballar con materiais con propiedades antibacterianas e libres de elementos nocivos, puideron dar unha resposta rápida á alta demanda deste tipo de produtos.

Estes e outros moitos produtos xa forman parte das nosas vidas desta nova normalidade.

Noticias web

24/09/2020