CRTVG

Buscar

As empresas non poderán despedir os traballadores por acumular baixas médicas

Publicado o 16/07/2020 15:08

A partir de mañá, as empresas non poderán despedir os traballadores por acumular baixas médicas. O Boletín Oficial do Estado publica a derogación do artigo do Estatuto dos traballadores que avalaba os despedimentos por este motivo.

A modificación normativa recolle que o despedimento de persoas enfermas vulnera o dereito á non discriminación por razóns de discapacidade e xera unha situación de gran vulnerabilidade profesional, social e persoal.

Noticias web

16/07/2020