As empresas galegas comezan a sufrir paradas e atrasos nos pedidos pola escaseza de compoñentes
Os problemas de loxística do mercado internacional comezan a percibirse tamén nos consumidores de a pé. Xa sexa roupa, compoñentes informáticos ou mesmo xoguetes, as tendas comezan a ter problemas para que lle cheguen os pedidos.
Nas xogueterías aseguran que "temos noticia de que imos ter atrasos e pedidos que non nos poden servir".
A falta de materias primas e os problemas de transporte pola alta demanda están detrás deste desabastecemento que provoca que os consumidores teñan que esperar incluso meses para conseguir o que buscan e pagalo en ocasións máis caro do habitual.
"Os portátiles si escasean bastante, e non se pode escoller o que un quere coma antes", asegura o responsable dunha tenda de informática.
No téxtil, ademais da demora nos tempos de entrega, a falta de stock de produtos obriga os responsables dos establecementos facer os pedidos baixo demanda: "Cando queremos facer un pedido de última hora é máis difícil conseguilo que antes".
Ante esta conxuntura, as tendas de xoguetes non desbotan que este Nadal poida haber máis problemas, dos xa tradicionais, á hora de conseguir os agasallos máis demandados.
Algúns sectores advirten que estes problemas de abastecemento aumentarán de cara o outono e chegarán, como pouco, ata finais de ano.