As empresas do metal buscan traballadores nos cursos de formación
Publicado o 26/10/2021 14:40
O sector metalúrxico busca profesionais cualificados como Iago e Rubén, que lograron cadansúa acreditación como soldadores a través dos cursos gratuítos promovidos pola Asociación de Industrias do Metal.
Esta empresa do Rosal que fabrica sistemas de climatización e acumuladores de auga quente é unha das participantes neste programa formativo para fomento das profesións que demanda o sector.
Ademais da soldadura, a electricidade e a loxística son os oficios con máis vacantes segundo a patronal do metal.