CRTVG

Buscar

As empresas de lousa galegas poderán optar a tres millóns de euros para reducir o po

Publicado o 14/11/2017 20:54

As empresas de lousa galegas poderán optar o ano que vén a tres millóns de euros en axudas para reducir o po de sílice nas fábricas, e acabar así coas enfermidades profesionais. Anunciouno o presidente da Xunta na comarca mineira de Valdeorras, onde tamén dixo que o sector prevé que a nova Lei de implantación empresarial axude a crear 800 postos de traballo.

A máquina para cortar lousa desta fábrica de Carballeda de Valdeorras reduce a emisión de po de sílice á metade do que aconsella a Unión Europea, segundo a empresa. A Xunta aspira a que outras sigan este camiño e anuncia tres millóns de euros no 2018 para cofinanciar proxectos semellantes que reduzan riscos para a saúde dos traballadores.

Durante esta visita Feijóo dixo que o sector mineiro será un dos maiores beneficiados da lei de implantación empresarial. O presidente puxo como exemplo que coa simplificación de trámites que incopora a lei os prazos para instalar unha canteira redúcense de sete anos a un.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017