CRTVG

Buscar

As empresas da lousa en Galicia aínda manteñen as portas pechadas

Publicado o 13/04/2020 14:32

As empresas da lousa en Galicia aínda teñen as portas pechadas. A extracción, elaboración e comercialización de lousa está paralizada polo menos ata o 27 de abril.

Teñen dificultades, ademais, para atopar no mercado as máscaras FPP3, as que precisan os traballadores da lousa para filtrar o pó de sílice. Todas din, son medidas necesarias para garantir a saúde dos traballadores, e sen elas non poden retomar a actividade.

O sector da lousa xera 2.400 postos de traballo directos en Galicia, indirectos máis de 10.000. Arestora teñen bloqueados os seus principais mercados de exportación e non desbotan que no futuro moitas das empresas teñan que acollerse a un ERTE.

Noticias web

13/04/2020