As empresas auxiliares de Ence botan contas do que pode supor o peche da factoría
Publicado o 26/07/2021 15:58
Ence é o principal cliente da empresa de Cándido Farto, para a que supón unha parte moi importante da súa facturación anual. O peche da fábrica ameaza a súa actividade e pon en risco o seu futuro.
O peche da pasteira suporía unha clara ameaza para os traballadores desta empresa. Coma esta outras auxiliares na comarca pontevedresa e no resto da comunidade temen as consecuencias da marcha de Ence.
En total case cinco mil postos de traballo indirectos da área industrial, do transporte e da loxística xunto ao sector forestal dependen do futuro da pasteira a expensas da decisión final en mans do Tribunal Supremo.