CRTVG

Buscar

As auxiliares de Barreras piden unha solución e advirten de que algunhas están en situación límite

Publicado o 22/10/2019 10:07

As empresas auxiliares afectadas pola situación de Barreras piden unha solución urxente e advirten de que algunhas xa están a piques de solicitar preconcurso de acredores, o paso previo á suspensión de pagamentos.

Puxeron estes datos sobre a mesa nunha reunión coa Asociación de Industriais Metalúrxicos, ASIME, e os sindicatos UXT, Comisións Obreiras e CIG. Todos piden que remate a incerteza sobre a propiedade de Barreras e as auxiliares comprométense a cumprir cos encargos contratados.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019