As empresas comprométense na limpeza do mar
A praia da Madorra foi unha das elixidas para retirar os refugallos, preto de trinta empregados desta empresa de automoción e os seus fillos pasaron a mañá collendo e seleccionando o lixo do areal. Un bo exemplo é Lois que estaba tan entergado á causa que case deixa a entrevista a medias.
Lois veu co seu pai como outros trinta traballadores de BorgWarner, é unha das accións de responsabilidade social organizadas pola empresa e que serven ademais para cohesionar aos empregados.
Esta limpeza non é unha acción aillada no seu facer cotián tentan ser ser sensibles con medio natural. Tamén aprenderon que facer diante do varamento dun golfiño na praia. Comprobar se está vivo, protexelo do sol, avisar a SOS Galicia e se está en bo estado tentar de devolvelo con delicadeza ao mar