CRTVG

Buscar

As embarazadas non transmiten o coronavirus ao feto

Publicado o 28/09/2020 13:51

As mulleres embarazadas son un grupo de risco a pesar de que o coronavirus non é máis grave nelas ca no resto da poboación. 

Os estudos que hai ata o de agora indican que a enfermidade non se transmite ao feto, aínda que a maioría dos casos graves acaben nun parto prematuro.

As mulleres embarazadas afrontan todo un desafío en tempos de coronavirus, aínda que os datos que se coñecen non reflicten que poida haber unha trasmisión vertical da enfermidade.

Un 80% das embarazadas son asintomáticas ou presentan síntomas leves,
pero boa parte dos casos graves acaban en parto prematuro.

As restricións impostas polo coronavirus obrigan as embarazadas a acudir soas ás consultas, o que que xera, moitas veces, certo descontento.

En calquera caso, as embarazas constitúen un grupo de risco, sobre todo se teñen patoloxías asociadas como obesidade, diabetes ou hipertensión.

 

Noticias web

28/09/2020