As eleccións vistas por unha americana en Galicia
O voto de Eli voou de Pontevedra a Nova York hai cousa dun mes. Leva 7 anos traballando como auxilliar de conversa en colexios galegos, pero non quixo perder a oportunidade de participar nunhas eleccións históricas. Asegura que a tensión e a participación están disparadas, e o electorado ansioso.
Seus pais tamén votaron por adiantado, pero no seu colexio electoral. Fixérono hai unha semana e, como amosa neste vídeo, a cola daba toda a volta á mazá.
Non descarta a sorpresa, pero o aumento na participación e o cambio no sentido do voto dalgúns sectores da poboación fanlle pensar que haberá cambio de inquilino na Casa Branca.
Uns coidados que, segundo di, están a faltar nos Estados Unidos coa pandemia e poderían custarlle a presidencia a Trump. Ou iso agarda Elli, moi crítica coa xestión do candidato republicano.