CRTVG

Buscar

Bos días

As editoriais galegas participan nas xornadas profesionais da Feira do Libro de Bos Aires

Publicado o 20/04/2016 09:51

As editoriais galegas participan estes días nas xornadas profesionais da Feira Internacional do Libro de Bos Aires. Un dos eventos máis importantes do sector en Latinoamérica e unha plataforma única para xerar oportunidades comerciais cara ao continente suramericano.

Máis de dez mil profesionais do sector editorial nacional e internacional estanse a dar cita estes días nas xornadas profesionais da Feira Internacional do Libro de Bos Aires.

Unha gran plataforma de oportunidades comerciais e un escenario óptimo para xerar contactos da que están a participar diversos selos galegos.

"Temos citado aquí a xente do Ecuador, do Perú, do Paraguai, do Uruguai... coa intención de introducir os nosos libros".

O evento sirve tamén para mostrar a cooperación entre este tipo de empresas que buscan, xuntas, fortalecerse e posicionarse mellor no continente.

"Sen dúbida o mercado natural para a editorial galega é Latinoamérica".

Superadas as restricións á importación do anterior Goberno arxentino, os expositores asisten confiados á cita.

Estas xornadas son a antesala dunha feira considerada das máis importante do mundo e que, nesta edición, ten a Santiago de Compostela como cidade convidada. Unha honra que fará que haxa unha programación de máis de 150 actividades para achegar a cultura galega aos arxentinos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

20/04/2016