CRTVG

Buscar

As dúas Coreas volven estar conectadas por unha estrada

Publicado o 03/12/2018 19:26

Por primeira vez en 14 anos, as dúas Coreas volven estar conectadas por unha estrada. É o último xesto de reconciliación entre os veciños.

Os 3 quilómetros de estrada transcorren pola zona desmilitarizada que divide a península e servirá para recuperar os restos dos soldados mortos na guerra de Corea dos anos 50. De feito, a estrada está situada nun enclave histórico onde se libraron importantes batallas.

Noticias web

03/12/2018