CRTVG

Buscar

As dúas coreas desfilan baixo unha bandeira na inauguración dos Xogos de Inverno

Publicado o 10/02/2018 16:05

 

Unha histórica e emotiva cerimonia abriu os Xogos Olímpicos de Inverno de PyeongChang. Escefinicou o achegamento entre as dúas Coreas, separadas dende 1945 e que tecnicamente seguen en guerra. Baixo unha sonora ovación dos 35.000 espectadores que ateigaron o estadio olímpico, os deportistas dos dous países desfilaron baixo a mesma bandeira, algo que non se vía dende Turín 2006. Unha xogadora norcoreana de hóckey xeo e un piloto de bóbsled foron os encargados de levar a bandeira da península coreana.

Pero a atención tamén estaba posta no palco, ante a inusual presenza de altos cargos norcoreanos nun evento global. Alí estaba o presidente da Asemblea Popular Suprema, Kim Yong-nam, e a irmá menor do ditador, Kim Yo-jong, o primeiro membro da dinastía Kim en pisar chan surcoreano. Ela protagonizou outro momento histórico: o saúdo co presidente surcoreano Moon. Xusto diante do dúo norcoreano estaba o vicepresidente dos Estados Unidos, Mike Pence. Pero ninguén foi quen de ver un achegamento entre eles no día en que botaron a andar os coñecidos xa como 'Xogos da Paz' ou cando menos 'Xogos da Tregua'.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2018