CRTVG

Buscar

As discrepancias entre JxCat e ERC poden adiar a mesa de negociación

Publicado o 18/02/2020 21:16


Quim Torra arrefría a posibilidade de que a mesa de negociación entre gobernos se reúna en febreiro.
O obstáculo é a figura do mediador internacional, sobre a que os socios do Goberno catalán non se poñen de acordo. Para Junts per Cataluña é indispensable. Para Esquerra Republicana, non.
Na xuntanza do pasado dia 6, Pedro Sánchez suxeriulle a Torra celebrar a primeira sesión da mesa antes de rematar febreiro. Desde a Moncloa insisten en que o calendario aínda se pode manter.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/02/2020