CRTVG

Buscar

As diferenzas de En Marea para a elección do senador deixa o grupo parlamentario ao bordo da ruptura

Publicado o 14/06/2019 15:56

As diferenzas de En Marea para a elección do senador por designación autonómica deixan o grupo parlamentario ao bordo da ruptura. Hoxe está previsto que o sector crítico manteña unha xuntanza con Luís Villares para intentar convencelo de que asine a proposta de Xosé Manuel Sande, candidato escollido en votación telemática pola maioría do grupo, pero que non conta co apoio da dirección.

A falta de consenso sobre o candidato a senador por designación autonómica podería ser o último chanzo para a ruptura definitiva de En Marea. O mércores, a maioría do grupo parlamentario decidiu nunha votación, en que non participaron os afíns a Villares, designar a Xosé Manuel Sande candidato, pero acto seguido dende a dirección emitiron un comunicado asegurando que esa votación non era vinculante e que a súa candidata seguía sendo Mariló Candedo pero a última palabra neste asunto tena Luís Villares, xa que como portavoz do grupo correspóndelle a el asinar a designación do candidato.

Esta mesma tarde está prevista unha reunión informal entre algúns deputados do sector crítico e o propio Villares para intentar rebaixar a tensión e convencelo de que asine a designación de Sande.
Haberá que agardar para saber se estas negociacións chegan a bo porto ou se pola contra as diferenzas na elección acaban acelerando a ruptura de En Marea.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/06/2019