CRTVG

Buscar

As diferenzas de criterios entre tribunais volven abrir dúbidas na xestión da pandemia

Publicado o 30/07/2021 15:27

Os tribunais volven amosar diferenzas de criterio á hora de avalar ou non as medidas dos gobernos autonómicos durante a pandemia. O Tribunal Superior de Xustiza das Canarias suspendeu a medida do Goberno das illas de esixir o certificado covid ou algunha proba diagnóstica negativa para entrar nos locais de hostalería. O tribunal cre que pode vulnerar o dereito á intimidade das persoas porque se piden datos persoais de saúde.

Así a xustiza canaria volve rexeitar outra medida do Goberno das illas, antes foron o toque de recollida ou o peche no interior dos establecementos. Agora volve tombar a medida de esixir o certificado covid ou probas diagnóstica para acceder a hostalería e restauración por un criterio de proporcionalidade.

Os expertos cren que se deberían unificar criterios, así como adoptar unha nova lexislación sanitaria. Esta sentenza podería levar máis asociacións doutras comunidades a continuar o exemplo dos hostaleiros canarios e recorrer á xustiza.

Noticias web

30/07/2021