CRTVG

Buscar

As deputacións constituiranse a finais de xuño, agás a de Lugo, que se atrasa

Publicado o 17/06/2019 08:17

Tras constituírense as corporacións municipais, dentro duns días será a quenda das deputacións. Aínda non hai data pechada, pero será a finais deste mes, sobre o 28 de xuño. 

A de Lugo vaise atrasar debido aos recursos presentados en Monterroso e Burela, aínda que vai quedar en mans socialistas.

A Deputación de Pontevedra tamén volverá estar en mans do PSOE, e Carmela Silva ten a posibilidade de gobernar en solitario. 

Na de Coruña, o PSOE aposta por reeditar o pacto de goberno deste pasado mandato co BNG, e o socialista Valentín González Formoso podería volver a presidir a Deputación.

En canto á de Ourense, as dúas actas de Democracia Ourensana permitirán que o aínda presidente provincial en funcións, o popular José Manuel Baltar, revalide o seu mandato.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/06/2019