CRTVG

Buscar

As denuncias por violencia machista soben un 38% en Galicia

Publicado o 17/06/2019 11:26
As denuncias por violencia machista soben un 38% en Galicia

Os xulgados galegos recibiron 1.736 denuncias por violencia de xénero entre xaneiro e marzo pasados, o que supón un 38,4 % máis ca no mesmo período de 2018, cando se presentaron 1.254, segundo datos do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX).

A maioría das denuncias (1.390) efectuáronse a través de atestados policiais con denuncia da vítima; ademais, 1.520 mulleres aparecen como vítimas, fronte ás 1.345 dos tres primeiros meses do ano pasado, un 13 % máis. En canto aos casos de vítimas que se acollen á dispensa para non declarar, este ano optaron por esta opción 75 mulleres, o que supón o 4,3 % das vítimas.

No conxunto de España, Galicia é unha das comunidades cunha das taxas de violencia de xénero (mulleres vítimas por cada 10.000 mulleres) máis baixas, con 10,86 persoas, fronte ás 16,11 de media estatal. Durante o primeiro trimestre do ano solicitáronse 433 ordes de protección nos órganos xudiciais da comunidade, fronte ás 459 de 2018, un 5,7 % menos; das 433 solicitadas adoptáronse 261, o 60,28 %. O 82,32 % das persoas axuizadas na comunidade galega por delitos relacionados con violencia de xénero entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo deste ano foron condenadas, fronte ao 86,07 % de media estatal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/06/2019