CRTVG

Buscar

As denuncias por violencia machista baten todas as marcas en España

Publicado o 13/03/2018 11:31

As denuncias por violencia machista bateron o ano pasado todas as marcas en España. Houbo máis de 166.000, un 16% máis ca en 2016. De entre os datos que manexa o Consello Xeral do Poder Xudicial, destaca o aumento de case un 50% nas denuncias entre menores. Galicia é a segunda comunidade con menos vítimas.

Foi o ano con máis traballo nos xulgados de violencia de xénero. En 2017, entraron 166.620 denuncias por violencia machista, o 16,4% máis ca o ano anterior. Case 160.000 mulleres se atreveron a denunciar. 7 de cada dez foron españolas. O 70% das denuncias puxéronas as vítimas, e só un 2% os seus familiares.

O Observatorio Contra a Violencia Doméstica salienta o incremento en case un 50% dos menores axuizados por este tipo de agresións. E chama a atención sobre o descenso no número de mulleres que optaron por non declarar contra o seu agresor: só se acolleron a este dereito o 10% das denunciantes.

2 de cada tres sentenzas remataron en condena. Os castigos aos maltratadores aumentaron o 1,2%. Con estes datos, en España houbo o ano pasado 66 maltratadas por cada 10.000 mulleres. En Galicia, a cifra baixa ata as 42 vítimas, a segunda comunidade con menor taxa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018