As denuncias falsas por violencia de xénero foron o 0,069 % das presentadas na última década
Publicado o 02/03/2021 21:06
Menos de unha de cada 10.000 denuncias por violencia machista presentadas na última década foi falsa. Foi un dos datos que deixou no Congreso a fiscala xeral do Estado, na presentación das últimas memorias do seu departamento.
Dolores Delgado salientou que en 2019 só un 15 % das 59 mulleres asasinadas presentaran denuncia previa e que o 70 % das denuncias remataron en condena.