CRTVG

Buscar

As demandas de disolución matrimonial descenden un 42,1 % no segundo trimestre

Publicado o 28/09/2020 11:24

Caída drástica das separacións e dos divorcios. O Consello Xeral do Poder Xudicial acaba de facer pública unha nota de prensa que indica que as demandas de disolución matrimonial descenderon un 42,1 % no segundo trismestre do 2020 como consecuencia da alerta sanitaria.

A comunidade autónoma en que houbo máis solicitudes de separación matrimonial por cada 10.000 habitantes foi as Canarias, e na que menos, Cantabria. 

Galicia sitúase na metade da táboa, con 3,8 solicitudes por cada 10.000 habitantes.

Está claro que o impacto da covid-19 tamén se fixo notar neste aspecto social da vida diaria. A desescalada gradual na administración de xustiza, coa necesidade de adoptar medidas de seguridade e hixiene nos xulgados, e a persistencia na incidencia da pandemia fixeron que os indicadores destes meses sexan tan diferentes aos de anos anteriores, que o órgano de goberno dos xuíces mesmo asegura que é imposible tirar conclusións destes datos.

Noticias web

28/09/2020