CRTVG

Buscar

As defensas no xuízo do 'procés' acusan a Fiscalía de esaxerar os feitos

Publicado o 13/06/2019 10:00

O xuízo do 'procés' quedará visto para sentenza, previsiblemente, esta tarde. Será despois de que o tribunal escoite os doce acusados, que terán unha última quenda de palabra.

Esta mañá as defensas expuxeron as súas conclusións finais, en que acusaron a Fiscalía de esaxerar os feitos para xustificar os delitos imputados. A avogada de Carme Forcadell alegou que a xulgan "por ser quen é", e a defensa de Jordi Cuixart asegurou que o líder de Òmnium se manfeistou pacificamente.

"Exhortou a cidadanía a que se comportase de maneira non violenta, entendemos que a súa actuación queda amparada no exercicio do dereito de reunión", dicía Marina Roig, defensora de Cuixart. 

"Intentouse polas acusacións esaxerar a súa actuación. Xúlgana como promotora por quen é, e non polo que fixo", concluíu Olga Arderiu, avogada de Forcadell.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2019