CRTVG

Buscar

As croquetas gourmet de Castro de Rei xa se venden en tendas especializadas de toda España

Publicado o 06/02/2019 16:21

A quen non lle gustan as croquetas? Este pequeno manxar atrae o padal de grandes e pequenos. En Castro de Rei atopamos unha empresa que fai croquetas con leite fresco e con produtos de proximidade. Verdadeiras delicias.

De cecina e queixo de San Simón, de boletos, de chourizo e verza galega, así ata 16 sabores distintos conforman a carta de presentación desta empresa de croquetas de Castro de Rei. Din que a clave está na calidade dos seus ingredientes e na cremosidade da súa bechamel.

O resultado é un produto gourmet que se pode atopar en tendas especializadas de toda España e que comeza a abrir novos mercados.

Estas croquetas caseiras son o produto estrela, só comparten protagonismo con mexillóns tigre, dos que elaboran anualmente unhas 24.000 unidades.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/02/2019