As creadoras das tesoiras xenéticas, premios Nobel de Química
Publicado o 07/10/2020 14:02
As creadoras das revolucionarias tesoiras xenéticas, a francesa Emmanuelle Charpentier e a estadounidense Jennifer Doudna, recibirán o Premio Nobel de Quimica deste 2020.
A técnica creada por estas científicas abre a porta do código xenético, xa que permite cortar, pegar e modificar a secuencia de ADN. Unha tecnoloxía que contribúe ao desenvolvemento de novas terapias para enfermidades hereditarias ou o cancro.