As conserveiras traballan para garantir o abastecemento ante o aumento da demanda
Publicado o 25/03/2020 14:50
As conserveiras galegas traballan estes días con medidas reforzadas de hixiene e seguridade para intentar garantir o abastecemento ante o forte incremento das vendas nos supermercados.
Aumentou moito a demanda en España e tamén a internacional, a de países como Italia, Bélxica, Alemaña e Reino Unido.
Manter a produción é especialmente complicado. Os empregados teñen que traballar con equipos que dificultan o seu movemento e hai que ampliar as distancias entre eles.
Ademais, hai problemas para acceder á materia prima e para a distribución, fundamentalmente nas zonas máis afectadas polo coronavirus. Por todo isto, cren que o incremento nas vendas non irá acompañado dun aumento dos beneficios.